A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres 21 de marzo ás 20:30 na Casa da Cultura Poeta Manuel María unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX. Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, vén de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982) onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.
