Durante o evento, a Apehl fará entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, destinados este ano a Ana María Gómez Mon, do Restaurante Río Neira, de Ponte de Neira (O Corgo); Benedicto Vela Santos, de Cervecería Kiko, de Burela; Generoso e Amelia, da Lonxa de Burela, e Ángeles Galdo, do Hotel O Val do Naseiro, de Viveiro.
O acto contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e con José Luis Álvarez Almeida, recentemente nomeado Presidente de Hostelería de España. Ademais, acudirán varios alcaldes da Mariña e outras autoridades, entre representantes das diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, así como provedores e profesionais do sector.
O evento é un fixo no calendario anual da Apehl, que ten lugar cada ano nun punto da provincia e nesta ocasión desenvolverase en Viveiro.