“Por tanto é falso que conseguisen ningún compromiso ou nada que non tivese xa previsto o goberno de Pedro Sánchez. A propia pregunta escrita que fixeron ao Goberno delátalles. Os senadores preguntáronlle se estaba prevista (é dicir, se xa estaba pensada) algunha actuación nesa casa cuartel e o goberno contéstalles que se realizarán as obras que se consideren oportunas. É dicir, preguntáronlles se estaban previstas e respondéronlle co que xa estaba previsto”.
“O único que confirma a resposta do goberno é que se preocupa por solucionar os problemas da Mariña e o PP a enredar con mentiras. Todo o demais son puras invencións das mentes calenturientas dos senadores do PP. É canso ter que aclarar os seus infundios pero o importante é que os veciños da Mariña non resulten enganados. Un pouco máis de traballo e menos inventos para saír nos xornais”, conclúe César Mogo.