O Concello de Cervo queremos de novo colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así, este martes abre o prazo para participar nunha nova edición deste programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.
