Site icon Crónica3.com A Mariña

CC.OO Industria e UXT FICA apoian o acordo para dar continuidade á planta de Alcoa en San Cibrao

O MoU asinado o pasado mes de xaneiro polo Ministerio de Industria e Turismo, a Xunta de Galicia, Alcoa e IGNIS, recolle o interese das partes en colaborar xunto cos traballadores da planta para renovar a actividade, dando prioridade á reactivación das instalacións de aluminio

Madrid, 5 de marzo de 2025. O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, e a Secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mantiveron unha reunión hoxe na sede do Ministerio cos responsables de Alcoa e IGNIS e representantes das principais organizacións sindicais do sector industrial (UXT FICA e CCOO Industria) na que se constatou o apoio ao MoU subscrito o pasado mes de xaneiro para dar continuidade á planta de San Ciprián en Lugo.

Concretamente, no encontro participaron o Presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado; Antonio Sieira, CEO de IGNIS; José Manuel Casado, responsable da área de Estratexias Industriais de CCOO Industria e Raúl Cueto, Secretario do Sector Siderometalúrgico de UXT FICA.

Durante a reunión, analizouse xunto aos sindicatos CCOO Industria e UXT FICA, o contido do MoU subscrito entre o Ministerio de Industria e Turismo, a Xunta de Galicia, Alcoa e IGNIS para asegurar o futuro a longo prazo do sector do aluminio.

Este acordo de intencións, recolle o interese das partes en colaborar xunto cos traballadores e traballadoras da planta para lograr a estabilidade das operacións, dando prioridade á reactivación das instalacións de aluminio. Do mesmo xeito, o texto subscrito contempla axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos.

Tamén se inclúe o impulso de actuacións para a autorización e posta en marcha dos proxectos de zonas de almacenamento de residuos que Alcoa está a promover no complexo industrial, que son necesarias para apoiar a continuidade da súa operación.

O ministro de industria quixo poñer en valor o acordo alcanzado o pasado mes de xaneiro, “que supone un paso decisivo para garantizar la continuidad de la planta y la reanudación de su actividad productiva”. Do mesmo xeito, Hereu agradeceu o apoio “fundamental y decidido” de las federaciones de industria de las organizaciones sindicales que permite “no solo garantizar la continuidad de Alcoa como empresa, sino que beneficia a todo el sector del aluminio en su conjunto, que es estratégico para nuestro país”, sinalou Jordi Hereu.

Exit mobile version