Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela inaugura a súa XXVII edición da Semana Santa

Burela, 22 de marzo de 2025. O Concello de Burela dá o pistoletazo de saída á celebración da Semana Santa 2025 cun evento no que se presentou o cartel, obra do fotógrafo Pacheco, e no que Reinaldo González, colaborador destacado da Semana Santa local, leu o pregón. O acto de inauguración da XXVII edición da Semana Santa contou tamén coa participación da Escola de Música de Burela e do grupo Acordeonistas da Mariña, que puxeron música a esta xornada inaugural.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou o labor da Asociación Semana Santa de Burela, das Cofradías e de todas e todos os cofrades, “que ano tras ano fan posible que esta celebración continúe e se consolide na programación cultural e social do noso municipio”.

A programación da Semana Santa continuará nos vindeiros días con diferentes actos relixiosos e culturais abertos á participación da veciñanza.

Exit mobile version