Sentín bochorno cando o Senador Balseiro na sesión de control do Senado cualificou de ocupas ao goberno lexítimo de España. Sen dúbida, o sr. Balseiro ten un grave problema de entendemento da democracia cando descualifica tan temerariamente a un executivo que é o resultado da vontade maioritaria dos cidadáns nas urnas.
Nunca un senador por Lugo, incluídos os seus dous actuais compañeiros de partido, chegara tan lonxe no desprezo polas regras da democracia.
Unha mágoa que Lugo non sexa para o PP unha razón pola que loitar senón só unha escusa para confrontar.
O que en realidade veu a demostrar o senador Balseiro con esa groseira descualificación dun goberno democrático, ademais dun flagrante descoñecemento de como funciona a democracia, é que a pregunta que formulou sobre Lugo era en realidade unha escusa para falar do que nada tiña que ver con Lugo e para atacar a un goberno por razóns que nada teñen que ver cos lucenses.
Con intervencións así non cabe dúbida de que o PP de Lugo ponse á cabeza da dereita máis extrema que lamentablemente está a contaminar ao PP nacional.
César Mogo
Senador socialista por Lugo