Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro esixe ao Goberno de Sánchez dende o Senado a avanzar na execuciónda autovía da Mariña (A-74)

Lembra que durante sete anos de Goberno socialista en Madrid “nada se fixo” salvo volver a expoñer, e lamenta que non se executase o orzamento que deixou consignado Rajoy
Lugo, 10 de marzo de 2025.- A Comisión de Transportes do Senado prevista para o hice luns, 10 de marzo, ás 16.00 horas, debaterá unha iniciativa dos senadores do Partido Popular de Lugo na que se pide ao Goberno de España que avance na execución da autovía da Mariña (A-74).

O senador mariñán José Manuel Balseiro explica que forzará unha votación na Cámara Alta para que o Ministerio de Transportes inicie as obras desta autovía, na totalidade dos tramos, ao longo do ano 2025, impulsando os trámites administrativos previos e achegando os investimentos suficientes con este fin.

Balseiro lembra que a A-74 é unha vía de comunicación estratéxica y prioritaria para esta comarca e permitiría mellorar as condicións de accesibilidade, capacidade e seguridade viaria en comparación co actual itinerario alternativo pola “saturada e descoidada N-642”.

O senador popular lembra que durante os sete anos de Goberno socialista en Madrid, con Pedro Sánchez como presidente, “nada de fixo” salvo dar pasos atrás como é volver a sacar a exposición pública o trazado do treito O Carme-Barreiros.

“A Mariña esixe máis avances.” e nesa liña lamenta que non se aproveitase e executase o orzamento que no seu momento deixou consignado o Goberno que presidía Mariano Rajoy, tampouco os fondos incluídos nos actuais orzamentos.

Balseiro fai un chamamento a “unir forzas e construír consensos” en torno á necesidade de impulsar esta autovía e nese senso agarda lograr o voto favorable do PSOE e do BNG no Senado. “Demorouse demasiado tempo por parte de todos”

Exit mobile version