Ribadeo, 13 de marzo de 2025. O mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha experiencia enoturística en Ribadavia (visita guiada para dúas persoas a Bodegas Docampo con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo); unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no restaurante La Solana, de Ribadeo.
As persoas que entre o 6 e o 19 de marzo realicen as súas compras no comercio asociado poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do día do pai, que terá lugar o día 21 nas instalacións de Acisa Ribadeo. En total repartíronse 9.000 rifas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender aos papás, aos Pepes e ás Pepitas na nosa vila atoparán de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento”.
O xerente, Jesús Pérez, anima “á nosa veciñanza a celebrar este importante dia. A nosa hostalería conta cunha ampla oferta e con pratos moi orixinais e saborosos para disfrutar destas datas en familia e tamén coas amizades”.
A directiva de Acisa Ribadeo agradece o apoio das empresas colaboradoras: “Bodegas Docampo e restaurante La Solana, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai, que as persoas afortunadas poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
Acisa conta coa colaboración da Xunta de Galicia para a campaña do día do pai de 2025.