Os participantes deberán levar o seu propio dispositivo electrónico, xa sexa ordenador ou tableta, para poder realizar as actividades programadas. A iniciativa está organizada polo Concello de Alfoz en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
As inscricións permanecerán abertas desde o mércores 19 de marzo ata o mércores 26 de marzo de 2025. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición de maneira presencial nas oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz ou a través da Sede Electrónica.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes para garantir a participación nesta actividade, que busca achegar aos máis pequenos ao mundo dixital de forma educativa e entretida.