Ribadeo, 5 de marzo de 2025. O mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea para dúas persoas no restaurante La Solana.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do dia do pai na que imos sortear unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre mais de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no restaurante La Solana valorada en 120 euros. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día do pai”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender aos papás, aos Pepes e ás Pepitas na nosa vila atoparán de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña desenvolverase do 6 ao 19 de marzo no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen nel as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do dia do pai. Vanse repartir 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 máis que o ano pasado. O sorteo será non presencial o día 21 deste mes nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado nestes días e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Pérez Prada engadiu: “animamos á nosa veciñanza a celebrar este importante dia. A nosa hostalería conta cunha ampla oferta e con pratos moi orixinais e saborosos para disfrutar destas datas en familia”.
A presidenta de Acisa agradeceu apoio das empresas colaboradoras: Bodegas Docampo e restaurante La Solana, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai de Acisa, que se poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do día do pai, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia, foi presentada nas instalacións da asociación ribadense pola presidenta, Carmen Cruzado, e do xerente, Jesús Pérez.