Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións culturais convocadas pola Vicepresidencia da Deputación

Cultura incrementou ata os 500.000 euros as partidas destinadas a estas liñas de apoio ao tecido cultural, que financian activides culturais e melloras nos locais

Lugo, 10 de marzo de 2025. Este luns -10 de marzo – abriu o prazo de solicitude das axudas para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que supoñen un investimento total de 500.000 euros -120.000 euros máis que na última anualidade -.

A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 315.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 185.000 euros.

A deputada Iria Castro explicou que “seguimos reforzando esta liña de axudas para atender o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos”

Axudas para actividades culturais

A través desta liña, a área de Cultura colabora na organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, a historia, a música e as tradicións. As axudas oscilan entre os 500 e os 3.000 euros.

Axudas para melloras nos locais

A área de Cultura financia, a través desta liña, actuacións de mellora, acondicionamento e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos cultivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, facilitando así que as asociacións conten cos medios adecuados para as súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os 500 e os 2.000 euros.

Solicitudes

As bases e modelos de solicitude, publicados o venres 7 de marzo no Boletín Oficial da Provincia, están dispoñibles tamén na web cultura.deputacionlugo.gal, no apartado Programas e subvencións, con indicacións precisas sobre o procedemento de solicitudes. O prazo estará aberto ata o venres 21 de marzo, incluído.

Na última convocatoria, concedéronse un total de 431 subvencións, 256 para a organización de actividades culturais e 175 para investimentos e equipamentos.

Exit mobile version