Trátase da adecuación do entorno da igrexa de Santalla, que suporá a mellora da organización do tráfico especialmente nos días de celebracións relixiosas
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por un importe de 70.000 euros as obras de acondicionamento da contorna da Igrexa de Santalla, no concello de Ribadeo.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finalizará o vindeiro 14 de abril. As obras terán un prazo de 4 meses, aproximadamente.
Con esta intervención trátase de adecuar o entorno da igrexa parroquial de Santalla co fin de facilitar o acceso e mellorar a comodidade da veciñanza.
Esta actuación mellorará a organización do tráfico, especialmente nos días de celebracións relixiosas. Tamén se habilitará unha zona verde que inclúe a plantación de especies arbóreas autóctonas.
As obras suporán un investimento total de 80.000 euros e enmárcanse nun convenio de colaboración ao abeiro do Plan Hurbe, co que a Xunta colabora coas administracións locais para financiar intervencións de mellora contornas urbanas e accesibilidade. Baixo este acordo, a Xunta asumirá o 70% do orzamento desta intervención, e o Concello de Ribadeo achegará o 30% restante.
O departamento que dirixe maría M. Allegue mantén o seu compromiso para revitalizar o conxunto histórico de Ribadeo, tras a declaración de Área Rexurbe e a sinatura do centro Rexurbe.