O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria sinala que estas actuacións permitirán dar un novo uso a este andar e ampliar os servizos do centro
Durante a visita, na que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e da alcaldesa de Viveiro, Carmen Gueimunde, o director xeral sinalou que estas obras se financian a través da convocatoria de axudas para entidades sociais con cargo ao 0,7% do IRPF. Na última convocatoria, a Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados resultou beneficiaria para levar a cabo este proxecto de reforma e adecuación no centro residencial.
Nesta ocasión, Antón Acevedo puido ver como se está desenvolvendo o proxecto e sinalou que as actuacións que se desenvolverán ao longo deste ano permitirán dar un novo uso a este andar, co obxectivo de seguir ampliando os servizos do centro e mellorar a atención dos usuarios.