Arias destacou o esforzo que realiza o Goberno galego para facilitar o acceso á vivenda, rehabilitando ou construíndo inmobles para promocións públicas e tamén mediante liñas de axuda para a compra ou arrendamento.
Ao respecto, lembrou que ata o día 28 deste mes está aberto o prazo para solicitar as axudas do programa bono alugueiro mocidade, ao que poden acollerse persoas menores de 36 anos de idade. Así mesmo, ata o mes de outubro poderán solicitarse achegas para a adquisición de vivendas. A convocatoria contempla tres supostos: que estean situadas en municipios galegos de ata 10.000 habitantes, ou ben no ámbito dun centro histórico, ou cualificadas como vivenda protexida de protección autonómica.