A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña nunha xuntanza celebrada este luns e co voto a favor CSIF, CCOO, UGT, USAE, SATSE e CIG, apoia a manifestación a celebrar o domingo e acudirá á mesma.
“Chegou o momento de concentrar os esforzos de toda a cidadanía e colectivos sociais e profesionais, por encima das lóxicas e lexítimas diferenzas, nunha gran manifestación na defensa da sanidade publica e contra o seu deterioro”, afirman.
“Agardamos unha resposta masiva da cidadanía e de colectivos sociais e profesionais que free o desmantelamento da sanidade pública da Mariña, e chamamos á cidadanía da Comarca da Mariña a mobilizarse unha vez mais en defensa da Sanidade Publica, así como ás traballadoras e traballadores de Atención Primaria e Atención Hospitalaria”, conclúen.