Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Confrarías da Semana santa de Viveiro denuncia que unha empresa ofrece no seu nome publicidade para unha suposta publicación

Viveiro, 8 de marzo, 2025. A Xunta de Confrarías da Semana santa de Viveiro, está a detectar e comprobando que hai unha empresa que se está dirixindo a negocios, empresas etc. de Viveiro ofrecendo publicidade para unha Edición Especial da Semana Santa de Viveiro 2025, utilizando nosos logotipos (de Xunta de Confrarías e Semana Santa) e mesmo algunha publicación da propia Confraría.

No seu comunicado anéxalles prezos e ofertas por anunciante, segundo tamaño, ofrecendo a súa distribución gratuíta en Hoteis, Concellos, Oficinas de Turismo, Estacións de Trens etc.

A Xunta de Confrarías da Semana santa de Viveiro informa que en ningún caso a Semana Santa e a súa Xunta de Confrarías ten nada que ver con este ofrecemento, pola contra “sentímonos moi molestos, xa que recibimos múltiples chamadas de persoas ás que se dirixiron, pensando que somos nós os autores de tal iniciativa”.

“Por todo iso cremos que están a usurpar contido que non lles pertence, sen consentimento e polo que non descartamos emprender accións legais”.

Exit mobile version