Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia aos viveirenses Shirley e Cubi Fernández na súa participación no campionato mundial de eco rallys

Lugo, 26 de marzo de 2025. A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina aos viveirenses Shirley e Cubi Fernández na súa participación no campionato mundial de eco rallys, que se iniciou hai unhas semanas en Castellón.

A piloto Shirley Fernández Bellas e o copiloto Antonio Fernández Basanta, Cubi, presentaron hoxe en Viveiro o vehículo Hyundai Kona co que compiten na FIA Bridgestone EcoRally Cup 2025, á que só poden concorrer coches eléctricos ou híbridos.

O calendario do campionato contempla máis dunha decena de rutas en distintos países como Bélxica, Suiza, China ou Italia; esta mesma fin de semana trasládase a Oeiras (Portugal) e en setembro prevé unha segunda carreira en territorio español, que terá lugar na Coruña. As probas discorren por estradas abertas ao tráfico atendendo ás normas de circulación, e valóranse aspectos como os tempos, modos de condución e a eficiencia enerxética.

Exit mobile version