O Concello de Trabada e a Asociación “Trabada paso a paso” convidan a descubrir a natureza do municipio
A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de Trabada, e ao remate da camiñada, os participantes poderán desfrutar do xa tradicional TapEO de Trabada, ofrecido nos bares do municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para dar a coñecer o patrimonio natural da zona: “Seguimos apostando por actividades que nos permitan gozar do noso entorno e poñer en valor os nosos camiños e paisaxes. Esta segunda ruta será unha nova oportunidade para que veciños e visitantes descubran a riqueza do noso municipio e, ao mesmo tempo, dinamizar a hostalaría local”.
A participación nesta actividade é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente antes do 9 de abril nas oficinas municipais ou chamando ao 982135011. Ademais, lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflectante para garantir a seguridade dos camiñantes.
Desde o Concello e a asociación “Trabada paso a paso” animamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta nova ruta e descubrir os encantos do noso territorio paso a paso.