No acto, no que participaron o alcalde de Foz Fran Cajoto e a concelleira de Cultura Inés Couto e a xerente da Rede Museística Encarna Lago, Daniel García subliñou “a traxectoria dos museos provinciais no traballo da interculturalidade con diferentes proxectos ao longo dos anos” e valorou a oportunidade que as exposicións ofrecen para achegarse a migración desde unha perspectiva humana e comprometida coa defensa dos dereitos humanos”
Proximidade Llunyana
Unha homenaxe ás mulleres da provincia que, no pasado, emigraron a Barcelona en busca dun futuro mellor. A través de cartas, fotografías e obxectos persoais, esta exposición reconstrúe as súas historias, poñendo en valor a maleta como símbolo da memoria e do sacrificio. Un diálogo entre xeracións que conecta o pasado migratorio de Galicia coa realidade actual.
113+
Un proxecto artístico da fotógrafa Evelin Ruiz Crego que documenta a riqueza cultural de Lugo, onde conviven persoas de máis de 113 nacionalidades. A exposición, creada en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo, presenta retratos fusionados con obxectos simbólicos que representan a identidade das persoas participantes, abrindo un diálogo sobre a migración e a convivencia.
As exposicións permanecerán en Foz ata finais de abril.