Así o acaban de decidir a comisión organizadora e o Concello “ante a imposibilidade de poder montar o boneco, por mor da intensa choiva que está a caer nestes momentos en Ribadeo e que seguirá presente durante a práctica totalidade da xornada”. Concello e comisión lamentan ter que pospoñer a queima por segunda vez este ano “pero a metereoloxía manda”.
