Esa xornada ás 21:00 horas partirá a comitiva fúnebre desde o Cantón, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas de Ribadeo: A Choca e Aturuxo. A Queima do Antroido terá lugar na avenida Rosalía de Castro no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.
Desde o Concello e desde a comisión organizadora animan “a acudir a despedir o Antroido 2025 o vindeiro 22 de marzo. Agardamos que ese día o tempo nos acompañe e que poidamos gozar dun espectacular broche de ouro”.
Ribadeo porá así fin ao Antroido 2025. Atrás quedan a Gala Chuvia de Estrelas, a festa do freixó, o gran cocido celebrado o 3 de marzo, as xornadas gastronómicas do Antroido ou o Desfile do Martes de Carnaval ademais doutras moitas actividades na rúa.