Cervo, 7 de marzo, 2025. A Praia do Torno renovou a súa bandeira Ecoplaya para este ano 2025, como recoñecemento á súa calidade e excelencia turística. Trátase da XVIII edición destes distintivos que concede a Asociación Técnica de Xestión de Residuos e Medio Ambiente ‘Ategrus’, na que o xurado valora “o compromiso coa mellora da calidade do nosos areais.”.
A entrega da bandeira tivo lugar este mediodía durante o acto de clausura do XXII Congreso Ecoplayas 2025, en Castellón, a onde viaxou a alcaldesa para recoller o distintivo.
A rexedora quixo ter palabras de agradecemento “a todos os que posibilitan co seu traballo, dedicación e esforzo que consigamos ano tras ano este tipo de certificacións para a nosa Praia”.
Este galardón pon en valor “o noso compromiso cos areais e co medio ambiente” e súmase a outros recoñecementos para a franxa costeira como pode ser a bandeira azul, que tamén conseguimos ano a ano para a Praia do Torno.
Para conseguir as bandeiras Ecoplayas tense en conta aspectos como a limpeza intensiva do areal, a calidade das augas, a existencia de equipamentos óptimos, as condicións de accesibilidade ou o conxunto de servizos prestados aos usuarios.
Para os participantes que optan á renovación dea acreditación, como é o nos caso valórase o compromiso continuo coa mellora da calidade en todos os aspectos das nosas praias, nese camiño seguiremos traballando “no fomento do turismo sostible, e na reducción da contaminación e na educación das xeracións futuras porque cada pequeno xesto conta”.
En palabras da alcaldesa, “esta bandeira non é só un trofeo, é un recordatorio da responsabilidade que temos de protexer e preservar as nosas Praias e o noso entorno natural”. As praias son espazos de encontro, de esparexemento, pero tamén son ecosistemas fráxiles que necesitan da nosa protección e coidado.