Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria reuniuse para ultimar detalles organizativos cara á manifestación en Viveiro do 23 de marzo

A Mariña 15 de marzo de 2025. Colectivos diversos organizacións sindicais e políticas, así como persoas a título individual reuníronse en Burela o xoves 14 de marzo para ultimar detalles organizativos cara á manifestación que o próximo domingo 23 de marzo sairá da Cruz Vermella de Viveiro ás 12 horas. Baixo o lema “Pola Resurrección da Nosa Sanidade”, atravesará a Ponte da Misericordia dirixíndose cara ao Centro de Saúde, onde se dará lectura ao manifesto.

O colectivo sanitario xa ten prácticamente pechados os detalles organizativos e anuncia que durante esta semana que entra haberá visitas aos mercados das localidades a modo informativo.

Igualmente siguen coa venda de camisetas e haberá tamén un posto de venda o día da manifestación.

Durante o transcurso da mobilización contaremos tamén con diversas accións tipo “performance” a cargo do tecido cultural mariñao.

CONTESTACIÓN AO CONSELLEIRO

En relación ás palabras do conselleiro de sanidade pedindo a SOS Sanidade Pública, plataforma nacional da que somos parte, que suspenda a gran manifestación que está convocada en Santiago o día 6 de abril, Montse Porteiro, coordinadora da plataforma mariñá contesta que “que de ningún xeito se vai suspender o exercicio do poder que ten o pobo para disentir das políticas sanitarias que se están desenvolvendo desde o goberno da Xunta e desde a Consellería de Sanidade, e como se soe dicir nestes casos se non quere unha taza de caldo, pois terá que tomar duas”.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a toda a sociedade mariñá a que saia á rúa o domingo 23 de marzo para parar esta desfeita na sanidade da comarca

Exit mobile version