Desde o colectivo sanitario explican que os buses sairán de Viveiro e de Ribadeo, podendo anotarse a xente nos teléfonos 982140654, 982581861, 629 58 88 33 e 667 05 20 58 . O prezo do autobús por persoa é de dez euros e as persoas que desexen ir deberán anotarse antes do xoves 3 de abril.
Desde a plataforma sanitaria “animamos a todas as e os veciños da Mariña a que acudan á manifestación para reivindicar unha sanidade pública de calidade, digna e de proximidade con máis servizos, máis persoal e máis recursos”.