Á vista de que non foi atendida nin resolta a reclamación a familia do paciente contacta de novo coa plataforma sanitaria, nun intento de facer reflexionar á administración para que tente corrixir esta aberración e sexa de inmediato citado. É por iso que se presenta novamente reclamación o día 28 de febreiro de 2025, con rexistro de entrada número 0405 solicitando a inmediata citación desta persoa na consulta de uroloxía. Mais, segundo indica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, “dez días despois a dirección do centro e a xerencia non tiveron a decencia de corrixir a situación como sería de agardar polo agravio que está a sufrir pero é que tampouco se dignaron a ofrecer unha desculpa e un propósito de subsanación; é simplemente intolerable”.
Esta persoa, a maiores ten antecedentes familiares de cancro de próstata, o cal agrava esta deixadez da dirección hospitalaria e da xerencia podendo chegar a situarse, a xuizo deste colectivo, nos límites da temeridade. É por iso que desde esta plataforma esiximos a subsanación desta situación de inmediato, facilitándolle a cita que precisa, facéndose cargo de todas as posibles complicacións derivadas da súa neglixencia e que se deixen dunha vez por todas de “malgastar os cartos da sanidade pública en reportaxes de autobombo nos que aínda por riba se esquecen de explicar a mariñás e mariñaos o que realmente fixeron durante a pandemia”, matizan desde o colectivo.
Facemos unha chamada a toda a sociedade mariñá
Desde a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña facemos un chamamento a toda a sociedade mariñá para que se sumen e acudan á manifestación que baixo o lema “ Pola Resurrección da nosa Sanidade”, sairá da Cruz Vermella de Viveiro o vindeiro domingo día 23 de marzo e rematará diante do Centro de Saúde de Viveiro, onde se dará lectura a un manifesto. É moi importante acudir e participar desta mobilización porque “ únicamente se moven un pouco para paliar o desastre sanitario nos lugares onde as e os veciños lles plantan cara , máis non poden xa maquillar máis a realidade “ conclúen desde o colectivo sanitario.