Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo en Ribadeo ás supostas autoras dun delito de furto ocorrido no interior dun establecemento comercial

O pasado día 11 os responsables dun establecemento comercial, de recente apertura, denunciaron ante a Garda Civil que o día anterior subtraéranlle dun mostrador unha PDA valorada en 1000 euros, que un empregado do local depositara momentaneamente nese punto. Iniciouse unha investigación para identificar o autor/es responsables dos feitos e froito do arduo labor policial logrouse determinar que se trata de dúas veciñas del Franco (Asturias), de 25 e 26 anos de idade, sendo detidas como autoras dun delito de furto e recuperando a PDA que substraeran, sendo entregada ao seu lexítimo propietario en calidade de depósito e ao dispor da Autoridade Xudicial. As detidas e as dilixencias policiais foron postas ao dispor xudicial.

Exit mobile version