Neste encontro, que se desenvolveu en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio lucense. Allegue e Gueimunde coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
