Ribadeo, 24 de marzo, 2025. O próximo 28 de marzo, ás 5 e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo «El Viejo Pancho», acollerá o evento Soberanía Dixital III: Linux para a casa. Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión cos nosos aparellos electrónicos tipo ordenador ou móbil. Esta charla-taller e posterior coloquio é a terceira actividade do ciclo que se desenvolverán ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo concello a tal fin. Locais solicitados e concedidos polo concello para sucesivas actividades. Neste caso, co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema operativo -isto é, dun conxunto de programas de comunicación coas nosas ‘máquinas electrónicas’- que incide nas nosas posibilidades de Soberanía Dixital.
Incluirá unha presentación, seguida dunha rolda de preguntas e algún exemplo práctico no que se explorará algún modelo de Linux. Asemade, subministrarase como agasallo e primeira ferramenta un usb cunha versión de Linux instalable. É aconsellable traer o propio portátil para así ter a posibilidade de instalación ou mellora do seu manexo.
Como complemento, disporase dun fanzine en galego de 8 páxinas en formato A5, con artigos relacionados cos temas tratados na xornada. Portada e contraportada estarán asemade adicadas a Linux, a súa historia e o esta charla/taller..
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas interesadas en explorar ferramentas colaborativas e coñecemento libre.