Viveiro, 13 de marzo, 2025. Nesta ocasión apóstase por seguer premiando a fidelidade dos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e para conmemorar o Dia do Pai organízase a campaña “Unha foto con Papá”
O Xoves 20 de marzo e o venres 21 instalarase un estudio fotográfico na Sala de Exposicións da Biblioteca municipal. Alí realizarase unha sesión de fotos a todos os pais que se acheguen cos seus fillos/as ou incluso a tres xeracións xuntas, avós, fillos e netos. Os días posteriores poderán seleccionar e encargar a foto que mais lles guste e levala totalmente gratis. O único requisito para poder participar é entregar vales de compra de mínimo 20€ de calquera dos negocios asociados ó CCHV.
O horario do estudio fotográfico será o xoves 20 de marzo de 17 a 20 horas e o venres 21 de marzo de 11:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas.
O obxetivo é atopar a mellor imaxe que capte a esencia do Día do Pai, polo que todas as fotos serán valoradas por un xurado e a que obteña a mellor valoración será a gañadora de 300€ en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV.
Búscase deste xeito a imaxe dos papás de antano e de hoxe, dende as máis tradicionais ás mais modernas e actuáis. Distintas xeracións de pais cós seus fillos que amosen á cámara a complicidade de pais e fillos.
Unha actividade para realizar en compañía dos pais, fillos, avós, netos/as, …e quedar cun bonito recordo do Día do pai.
Con esta iniciativa téntase dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, na APP ViveiroCCH e no perfil de Facebook, X e Instagram.