Ana María López mantivo unha reunión con Diego Calvo para avaliar as liñas de actuación coas que liquidar os problemas existentes no edificio
Cariño, 21 de marzo, 2025. A alcaldesa de Cariño, Ana María López, reuniuse esta mañá de venres, 21 de marzo, co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para avanzar nas vías de colaboración que permitan levar a cabo o arranxo do pavillón municipal, pechado desde hai un ano e medio polos diversos problemas existentes no edificio.
O conselleiro reiteroulle á rexedora cariñesa o compromiso da Administración autonómica co municipio, algo que López quixo agradecer, destacando “la rapidez y la disposición de la consellería para atender nuestras demandas”.
A alcaldesa, que estivo acompañada polos concelleiros Laura García e Alberto Bolado, comentou que “gracias a la colaboración con la Xunta de Galicia podremos empezar las obras para reformar el pabellón próximamente, algo con lo que atenderemos a las demandas de muchos vecinos y vecinas”.