Ribadeo, 26 de febreiro de 2025. Intensa actividade esta fin de semana no Forte de San Damián. O sábado, 1 de marzo, haberá xornada de portas abertas e visita guiada e o domingo, día 2, charla de Alberto Paraje.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana podemos gozar do Forte de San Damián. O sábado de 10:30 a 13:30 horas e tamén poderemos disfrutar dunha visita guiada ás 12:00 para a que debemos apuntarnos no correo castillosandamian @gmail.com”.
A edil ribadense continuou a relatar que “o domingo, 2 de marzo, ás 17:00 horas Alberto Paraje ofreceranos unha conferencia sobre o ataque inglés a Ribadeo no ano 1719. É un episodio salientable na historia da nosa ría, no que participaron conxuntamente o Forte de San Damián e a Batería da Atalaia, cun desenlace inesperado e deixando tras de sí dous dos pecios máis famosos da nosa ría: as fragatas San Francisco e Galgo de Andalucía, que aínda hoxe están sen localizar”.
Sanjurjo engadiu que “a asistencia será libre e gratuíta ata completar o aforo. Vémonos no Forte”.
Esta actividade está organizada pola asociación de Estudos Históricos de Galicia e polo Concello de Ribadeo.