Site icon Crónica3.com A Mariña

Xebra! ofrece este sábado 22 en Burela un obradoiro de gastronomía caboverdiana

Burela, 17 de febreiro, 2025. Este sábado 22 de febreiro, a partir das 12 horas, o Xebra! acolle unha aula práctica sobre como elaborar a cachupa, o tradicional estofado caboverdiano, e o cuscuz, sobremesa típica. A profesora, Ineida Moreno, guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interessadas e ten un prezo de 10€, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.

Para participar, é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.

Exit mobile version