Viveiro, 14 de febrero de 2025. O segundo tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, e a técnica da Oficina de Turismo municipal, María San Isidro, participaron nunha reunión celebrada en Ezcaray (La Rioja) no marco do proxecto Spain Culinary Villages, que ten como obxectivo potenciar o turismo gastronómico en varias localidades de España.
Ao encontro asistiron tamén representantes dos municipios de Ezcaray, Alcalá del Valle (Andalucía), Moratalla (Murcia) e Parrés (Asturias), todos eles integrantes deste proxecto financiado pola Secretaría de Estado de Turismo.
Cada un dos municipios é beneficiario dunha axuda de 63.500 euros, ademais dunha subvención de máis de 200.000 euros para a execución dun proxecto conxunto.
O encontro, no que participou tamén a empresa encargada de xestionar o proxecto, tivo como obxectivo coñecer os detalles sobre como os municipios poden aproveitar estas axudas para mellorar as súas infraestruturas e ofrecer experiencias gastronómicas únicas aos turistas.
Desde o Concello de Viveiro, Jesús Fernández destacou “a importancia desta iniciativa para reforzar o sector turístico e gastronómico do municipio, aproveitando a riqueza culinaria local e as tradicións propias da zona”.
“A participación neste proxecto permitirá a Viveiro afianzar o noso posicionamento como destino turístico de referencia, promovendo a gastronomía e o patrimonio cultural da vila”, sinalou o edil, que acudiu en representación da alcaldesa María Loureiro.