Con esta acción, Viveiro únese á campaña de sensibilización impulsada pola Asociación de Tumores de Vías Biliares en España (ATUVIBI), contribuíndo a dar visibilidade a esta enfermidade, que é pouco frecuente pero altamente agresiva e de difícil detección.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou a importancia de apoiar iniciativas como esta para sensibilizar á poboación: “Desde o Concello de Viveiro facemos un chamado á comunidade para que se una a esta iniciativa, apoiando a investigación e a difusión de información sobre esta enfermidade. Con pequenos xestos, como iluminar en verde a nosa cidade, podemos marcar a diferenza e contribuír a que máis persoas coñezan e comprendan o impacto do colangiocarcinoma”.
ATUVIBI, unha entidade sen ánimo de lucro creada recentemente en febreiro de 2024, traballa para ofrecer apoio e información ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súa familias, ademais de promover a investigación sobre un cancro que, pola súa escasa visibilidade, enfronta grandes retos no seu diagnóstico temperán e tratamento axeitado.