A alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Educación, Andrea Ríos, mantiveron unha reunión para avaliar o funcionamento do servizo, no que o concello colabora desde hai tempo.
“É fundamental para impulsar a conciliación familiar”, asegura María Loureiro, que agradece “a boa disposición da comunidade educativa de Viveiro”.
En concreto, o concello colabora co servizo de Madrugadores en tres dos centros educativos que hai en Viveiro.
Neste curso, o concello asume os gastos dos produtos de alimentación para os almorzos dos nenos e nenas que fan uso deste servizo na Escola de Educación Infantil San Roque, no Centro de Educación Primaria Lois Tobio e no CEIP de Celeiro.
Ademais, o concello facilita persoal municipal para colaborar nas tarefas deste servizo de Madrugadores na EEI San Roque e no CEIP de Celeiro.