Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha planadora ardeu no porto de Cariño sen provocar danos persoais

A embarcación soltouse e foi arrastrada pola corrente. Acabou ardendo por completo e afundindo. Varios alertadores informaron ao 112 Galicia dos feitos desde terra. Pasaban escasos minutos das 2 horas desta madrugada cando un particular alertou ao 112 Galicia dunha planadora que comezaba a arder polo motor. A embarcación permanecía fondeada a carón do porto de Cariño, pero pouco despois acabou por soltarse. Os equipos de emerxencias seguiron a situación en todo momento, descartando calquera situación de perigo para a navegación ou a presenza de calquera tipo de vertedura. No operativo participaron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, o GES de Ortigueira e os axentes da Garda Civil.

Exit mobile version