Barreiros, 8 Febreiro, 2025. Eran os condutores dos dous vehículos, e un deles foi excarcerado polos bombeiros. Ambos foron trasladados ao Hospital de Burela.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos despois das 21:30 horas, a través un particular: dous coches acababan de colidir no quilómetro 565 da N-634, en Reinante, e un dos condutores era incapaz de saír ao exterior.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e dos voluntarios de Protección Civil de Barreiros, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.
Cando chegaron ao punto, os equipos de emerxencias confirmaron que unha das persoas estaba atrapada, polo que os bombeiros procederon a excarcerala. Finalmente foi trasladada xunto co outro condutor ao Hospital de Burela.