Estamos comprometidos en continuar este proxecto ata 2025, asegurando a conservación da Serra do Xistral”, destacou o Presidente, quen engadiu, que “o Life é un exemplo das políticas da institución provincial para apoiar o rural, co sector primario e o turismo sostible como motor de futuro para a provincia”
Lugo, 20 defebreiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiueste xoves no Pazo de San Marcos a Sara Barceló, representante da Comisión Europea e do órgano ELMEN que se encarga da avaliación dos proxectos europeos LIFE. A visita ten como obxectivo comprobar in situ o impacto do Life in Common Land na Serra do Xistral, un programa medioambiental liderado pola Deputación de Lugo e que a Comisión Europea vén de elixir como exemplo a seguir pola súa boa xestión e resultados na conservación ambiental.
José Tomé Roca valorou este recoñecemento e subliñou a continuidade do proxecto co Plan After Life, que se extenderá ata este 2025. “Este recoñecemento é froito dun traballo conxunto e colaborativo que une institucións públicas, as comunidades locais e os investigadores. “Estamos comprometidos en continuar este proxecto ata 2025, asegurando a conservación da Serra do Xistral para as futuras xeracións”. Lembrou tamén que “o Life é un exemplo das políticas da Deputación para apoiar o rural, co sector primario e o turismo sostible como motor de futuro para a provincia”, afirmou o mandatario provincial.
O proxecto Life in Common Land, desenvolvido entre 2017 e 2022, buscou a mellora e conservación dos ecosistemas da Serra do Xistral, con especial atención aos brezais húmidos e turbeiras. A iniciativa destacou pola implementación dun innovador sistema de pagamentos compensatorios por resultados de conservación, que permitiu a conciliación das actividades tradicionais, como a gandería e a silvicultura, coa preservación ambiental.
A visita de Sara Barceló tamén inclúe un percorrido polos espazos de actuación do proxecto na Serra do Xistral, onde se poderá comprobar no territorio a mellora das infraestruturas e a recuperación dos ecosistemas. Life in Common Land foi elixido pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas en conservación e xestión ambiental, grazas á colaboración entre institucións, as comunidades locais e a veciñanza.
Ao remate do encontro, José Tomé agasallou a Sara Barceló cun exemplar do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, en recordo da súa visita ao edificio provincial.