José Tomé lembrou que os traballos que afectan ao primeiro quilómetro e medio da LU-P-6504 “son os máis urxentes, porque este tramo descorre pola zona urbana do concello do Vicedo e polo tanto é o máis empregado pola veciñanza”
Criticou o mandatario provincial que desde o PP “insisten na política do bache, aínda cando incrementamos ata os 27M€ o orzamento destinado á rede provincial, o que supón máis do 21% dos nosos fondos. Desde que eu cheguei á Presidencia, no 2019, o incremento dos fondos destinados ás estradas incrementáronse e do 100%. Se queren ser útiles aos veciños e veciñas, o que deberían facer é poñerse a traballar desde a lealdade institucional e non tratar de enganar con informacións que non son certas”.
Recordou que a nivel turístico, O Vicedo leva al menos dous anos renunciando á bandeira azul nas praias de Abrela e Xilloi pola incapacidade do Goberno local de atopar socorristas para eses areais. “É fácil ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio”, sinalou Tomé Roca en referencia á petición do PP de acondicionar o firme de toda a estrada, non só dese tramo, en base á necesidade de desenvolver as potencialidades turísticas do concello.
No que ten que ver co proxecto da Deputación para a LU-P-6405, o prazo da presentación das ofertas remata a semana que vén, as actuacións consistirán na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, obras de drenaxe e reposición da sinalización. A institución provincial investirá máis de 175.000€ nesta mellora, que terá un prazo de execución de dous meses e afectará ao treito comprendido entre o inicio da vía e o punto quilométrico 1,400.