Site icon Crónica3.com A Mariña

Segue ata o domingo a campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo

Ribadeo, 13 de febreiro de 2025. Ata o 16 de febreiro segue a campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, que daba comezo o pasado día 6. A asociación ribadense sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. O sorteo non presencial destes agasallos será o 19 de febreiro nas instalacións de Acisa Ribadeo, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 6 e o 16 deste mes de febreiro”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “foron repartidas 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais de Acisa e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.

Cruzado Iglesias dixo: “animamos á nosa veciñanza a celebrar o amor en Ribadeo. A nosa hostalería ten preparados menús especiais para estas datas, tanto o 14 de febreiro como durante toda esa fin de semana”.

Pérez Prada indicou: “mercar no comercio de Ribadeo terá premio un San Valentín mais. Todas aquelas persoas que aínda non o fixeran poden atopar todo o que precisen nos negocios asociados a Acisa ata o vindeiro domingo, 16 de febreiro. Polas súas compras recibirán papeletas para participar no sorteo do vindeiro día 19”.

A presidenta da Acisa agradeceu “a colaboración dos nosos asociados, os restaurantes Javier Montero e San Miguel e o Parador de Turismo, que nos doan estes importantes premios para a campaña de San Valentín”. Os agasallos poderanse disfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento. A campaña Acisa con amor está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Exit mobile version