A organización nacionalista constituíu hoxe os seus órganos de dirección comarcais
Catro mariñaos na dirección nacional do BNG
Forman parte tamén do Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas, Ana Ermida Igrexas, Daniel Castro García, Iria Cotelo Cociña e Antonio Veiga Outeiro.
Preparadxs para o 2027
Na primeira sesión do ano celebrada este sábado, o BNG analizou a situación da comarca e perfilou as liñas de traballo e actuacións para os vindeiros meses, tendo tamén como referente as eleccións municipais do 2027. “Van ser dous anos intensos, donde A Mariña se xoga moito, tanto no seu conxunto como concello a concello e o BNG está preparado, con moitas ganas, con moitas incorporacións novas para afrontar todos os retos que a comarca tén por diante” manifestou oAntonio Veiga. En términos semellantes pronunciouse Iria Cotelo, afirmando que “ainda que o traballo vai ser moito e os problemas da comarca e dos concellos agrávanse, somos positivos porque na comarca hai xente loitadora e tamén sabemos que temos unha gran corrente de simpatía e ilusión arredor de nós que medra día a día”
Sanidade, servizos sociosanitarios, vivenda, infraestruturas, sectores produtivos e reactivación económica da comarca
As liñas de traballo que esbozaron hoxe os nacionalistas mariñaos para os vindeiros meses son: o apoio aos sectores produtivos, a sanidade e os servizos sociosanitarios, as infraestruturas, a reactivación industrial e económica da Mariña con un plan ao efecto, tal como levaron xa en meses pasados ao Parlamento, e a vivenda, tema que é prioritario para o BNG non só a nivel comarcal senón tamén a nivel nacional.
Apoio a Queremos Galego e a manifestación nacional do 23 de febreiro
O BNG, como integrante que é de Queremos Galego participa activamente en todos os actos previos á gran manifestación nacional que terá lugar en Santiago de Compostela o 23 de febreiro en defensa da lingua.
Así mesmo faranse en varias localidades da comarca diversos actos relacionados co Ano Castelao baixo o título “Castelao Nacionalista Galego”
O Concerto económico será outro tema a tratar en charlas informativas pola comarca.