Ribadeo, 19 de febreiro de 2025. Ribadeo xa ten listos o escudo e a bandeira oficial. Nas últimas horas reuniuse no Concello a Comisión de Estudo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “celebramos a Comisión de Estudo do Escudo e da Bandeira Oficial de Ribadeo. Despois dun proceso de escoitar todas as propostas, de debater cal tiña que ser a bandeira que representara a todos os ribadenses, aprobar de forma definitiva o Escudo Oficial de Ribadeo, xa que estaba sen aprobar, había un escudo pero non estaba aprobado pola comisión de heráldica”.
O rexedor dixo: “entendiamos que tiña que estar aprobado definitivamente, que tiñamos que aportar unha proposta para entre todos ter unha bandeira que representara aos ribadenses e iso conseguiuse porque houbo unha unanimidade desde o comezo desta comisión. Unha comisión de nova creación que entendíamos que a proposta tiña que partir de Ribadeo á Comisión de Heráldica. Nunca entenderíamos unha imposición por parte de ninguén, e polo tanto todos os grupos con representación no arco municipal, entendiamos que tiñamos que contar coa opinión de todos”.
Vega subliñou: “este caso agradecer á Comisión de Heráldica, á Xunta de Galicia tamén ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Padre Sarmiento. Un agradecemento sincero de corazón porque fixeron un gran traballo de estudo, de análise e de recoller as propostas e tamén responder a todas esas alegacións que se fixeron. Foron dúas neste caso, respondémoslles e tamén aprobamos na comisión como quedaría definitivamente o Escudo Oficial de Ribadeo e a Bandeira Oficial do noso Concello”.
O alcalde subliñou: “de forma especial o traballo que fixo o cronista oficial, aportando a súa experiencia, a súa sabiduría. Entendemos que era importante contar con todas as opinións e Eduardo Gutiérrez fixo un magnífico traballo e por iso lle traslado o meu agradecemento tamén persoal. Entre todos fixemos un bo traballo e tamén todos os grupos políticos, tanto o Partido Socialista como o Bloque Nacionalista Galego agradézolles todas as súas aportacións e así entendemos, entendo que se fan as cousas escoitando as propostas, debatendo esas propostas e chegar sempre a un pacto que beneficie a todos”.
E engadiu: “algo que representa a todos como é un escudo, como é unha bandeira tiña que haber un acordo unánime agora trasladarémolo ao pleno municipal, aprobarase e trasladarémosllo á Comisión de Heráldica, e tamén incorporarase na orde do día do Consello da Xunta nos próximos meses e xa teremos definitivamente aprobado un escudo e unha bandeira que representa a todos”.