Ribadeo, 14 de febreiro de 2025. Ribadeo solicita máis inversións para o centro de día. O Concello procederá a mellorar a climatización da galería para que @s usuari@s a poidan empregar no verán, axardinará o entorno e creará un horto para o seu disfrute.
O alcalde, Dani Vega, explicou: “vamos solicitar un novo convenio para seguir mellorando, para seguir investindo no centro de día. Neste caso, temos que actuar na mellora da climatización da galería. É un espazo precioso, moi adecuado para que todas as persoas estean disfrutando desa zona e contemplando a ría. Pero no verán é imposible porque é complicado estar aí dado a temperatura que hai”.
O rexedor contou que “aí temos que tomar decisións, neste caso vamos construír unha cuberta para que sirva de protección, para que ille e así exista un entorno adecuado, un entorno, desde un punto de vista da climatización, perfecto”.
Vega sinalou que “tamén debemos humanizar espazos, neste caso falamos da parte traseira do centro de día, que vamos axardinar, vamos humanizar e tamén imos facer un horto para que todas as persoas tamén poidan disfrutar, poidan traballar e poidan ter un espazo para pasar o tempo unidos á natureza”.
O alcalde engadiu: “pareceunos que estas propostas que nacen do centro de día, da dirección, que nos trasladaron hai poucos días, debían ser trasladalas á Xunta de Galicia e volver firmar ese convenio. Ata o de agora investimos 100.000 euros neste ano e pouco de goberno e agora vamos volver investir, vamos solicitar ese convenio e vamos ver qué cantidade nos traslada o proxecto. Pero, en definitiva, volvemos pedir, volvemos solicitar á Xunta que siga investindo no centro de día A Concordia”.