Ribadeo, 18 de febreiro de 2025. Ribadeo presentou a súa comisión do Entroido, que preside María José Arca.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo: “feliz estou de anunciar que xa temos comisión de Carnaval en Ribadeo. Está formada por persoas, de sobra coñecidas no noso pobo, amantes do Carnaval e moi participativas na vida asociativa de Ribadeo”.
A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para este grupo de persoas que integran a comisión do Entroido: “desde o Concello agradecemos moitísimo a súa implicación, aínda que xa eran colaborares de toda a vida, animáronse a dar este paso tan importante para o Entroido ribadense”.
Saiz contou que “xuntos estivemos traballando na programación deste Entroido e xuntos seguiremos traballando para os vindeiros Entroidos. Ribadeo ten moitísima actividade e un grande número de citas festivas que precisan de persoas que se impliquen na súa organización. Desde o Concello estaremos ao seu carón, facilitando as cousas, apoiando e traballando arreo con todos eles, porque ao final Ribadeo construímolo entre todos”.
A presidenta da comisión do Entroido de Ribadeo, María José Arca, contou que “decidimos tomar las riendas de esta comisión porque sino no se celebra el Carnaval y eso tampoco nos gusta”.
E subliñou que “practicamente todos los que estamos ya estábamos muy involucrados en esta cita y somos muy carnavaleros. Estamos aquí, en primer lugar porque nos gusta y en segundo lugar porque le das un poco de vidilla al pueblo también y eso es bueno para todos”.
María José Arca coincide con Marta Saiz en facer unha chamada á participación das veciñas e dos veciños de Ribadeo: “la gente debería animarse a formar parte de las comisiones y asociaciones de Ribadeo y a colaborar un poquito más”.
Xunto a María José Arca están Juan Andina, David Martínez, José Manuel Mondoñedo e Roberto Ramos.
A primeira cita será a Gala do Entroido Chuvia de Estrelas, prevista para este sábado, 22 de febreiro, no auditorio municipal ás 20:30 horas.