O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe firmamos un novo convenio coa Xunta de Galicia, de preto de 80.000 euros, despois de escoitar as demandas de todos os veciños, destacar o traballo da asociación xuvenil e tamén da asociación de veciños, despois de escoitar todas esas propostas desde o Concello puxémonos a traballar para conseguir os terreos, que son propiedade do Bispado. Conseguimos esa cesión de uso para que as administracións podan investir e converter un terreo que non tiña un uso concreto, que ultimamente estaba bastante desdeixado e o que quixemos é dotar dun espazo e dun servizo para todos os veciños”.
O rexedor declarou: “creo positivo que a espazos que non teñen uso concreto lle saquemos un beneficio, neste caso trátase dun aparcadoiro humanizado que vaia co entorno, unha inversión importante de 80.000 euros. Hai que facer todo un traballo de eliminación de terra, excavacións, dotar de espazo de aparcadoiros, con plantación de árbores, o que ven sendo un aparcadoiro rural que estea humanizado. Todo iso é o que vai realizarse en Santalla de Vilausende”.
Vega explicou que “para conseguir esta inversión creo que hai que facer un traballo previo de xestión. Por iso, lle agradezo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas toda a súa disposición para investir tamén nas nosas parroquias. Polo tanto, un agradecemento á conselleira, a María Martínez, porque desde o principio entendeu que as infraestruturas non hai que concretalas non punto, senón que ten que ser unha inversión para o conxunto do concello”.
O alcalde tivo palabras de agradecemento: “tamén agradecer ao delegado da Xunta, á directora Xeral de Urbanismo, ao director territorial de Infraestruturas, ao arquitecto municipal, aos técnicos de Infraestruturas do Concello, á técnica de Medio Rural, ao secretario municipal e ao cura párroco de Santalla, porque este traballo desde o principio foi coordinado coas asociacións, pero tamén co Bispado, e o cura párroco, don Pepe Boullosa, desde o principio entendeu, comprendeu, que un terreo non tiña que estar abandonado, senón que había que darlle un uso para todos os veciños”.
E subliñou: “todo aquilo que comeza coordinado, todo aquilo que comeza cunha vocación clara de investir, de mellorar e de seguir avanzando acaba sempre en bo porto. Grazas a todos. Esta nova inversión por parte da Xunta de Galicia de preto de 80.000 euros, para nós é importante, porque investimos no conxunto do concello e iso significa que Ribadeo sigue avanzando”.
O alcalde destacou que é a primeira vez na historia de Ribadeo que se asina un convenio entre o Concello e a Xunta nunha parroquia. E apostou pola necesidade de seguir investindo no rural.