Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá o 8 de marzo unha xornada de Xogade na que o judo será o protagonista

Ribadeo, 26 de febreiro de 2025. Ribadeo acollerá o 8 de marzo unha xornada de Xogade na que o judo será o protagonista.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “no pavillón da avenida de Luarca entre as 10 e as 14 horas máis de 300 participantes se darán cita nesta xornada de judo de Xogade, unha iniciativa de Deporte Galego e da Xunta de Galicia”.

O edil ribadense indicou que “se trata de practicar un deporte, como o judo, de xeito fácil e divertido. Son xogos deportivos para nenas e nenos en idade escolar”.

Silvent engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga acollendo eventos deportivos de diferentes disciplinas ao longo de todo o ano”.

No acto de presentación desta xornada de Xogade, que se desenvolverá en Ribadeo o vindeiro 8 de marzo, participaron Manuel Otero, xefe provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Iván Carballeira, delegado en Lugo da Federación Galega de Judo; Sara Álvarez, técnica da Federación Galega de Judo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; e Iván López, técnico de Deportes.

Exit mobile version