Vilalba, 7 de Febreiro de 2025. O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate das obras de renovación e mellora do vial de acceso ó barrio da Bardela, na parroquia de Román.
Esta nova rexeneración completa foi unha das actuacións máis solicitadas na reunión celebrada hai meses por parte dos veciños/as da parroquia e o custo total que tivo a obra foi de 17.270,07€.
Renda, que contrastou coa veciñanza do barrio o resultado, contextualizou a necesidade deste importante investimento por tratarse do único vial de comunicación pavimentado co que contan os veciños da Bardela para acceder as súas vivendas e explotacións agrogandeiras e explicou que o Concello está xa a organizar novas actuacións na súa contorna.