Vilalba, 20 de Febreiro de 2025 O Vicealcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda anunciou a publicación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a Área de Rehabilitación Integral (ARI). Unha liña de axudas, que porá a disposición dos veciños/as e propietarios que desexen rehabilitar ata 450.364 euros, no marco do Plan Estatal de Vivenda 18/21.
Acompañado polas concelleiras de Turismo e Cultura, Mª Xosé Fernández e Mónica González, Modesto Renda explicou que estas agardadas achegas proveñen das administracións Estatal e Autonómica e o propio Concello de Vilalba, máis alá da súa tramitación, contribúe tamén en termos de financiamento coa exención dos tributos e as taxas municipais en materia de título habilitante de obras.