Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección do documental “Bidon: Nação Ilhéu” este sábado no Xebra

Burela, 3 de febreiro, 2025. Este sábado 8 de febreiro, a partir das 19:30 horas, o centro social Xebra –en Burela– contará coa presenza de Celeste Fortes, unha das directoras de ‘Bidon: Nação Ilhéu’. A cineasta, doutora en Antropoloxía Social e vicepresidenta da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Cabo Verde, presentará o filme. Este explora a importancia dos Bidons, enviados polas persoas emigrantes ás súas familias, na sociedade e economía caboverdianas.

A través de tres historias femininas, Fortes mostra a experiencia de nais que teñen que marchar aos Estados Unidos e fillas que crecen no arquipélago, lonxe do afecto materno. Os bidons que chegan, a diferentes ritmos e de diversas capacidades, son un símbolo dunha separación e un retrato dos barrios periféricos e do soño cabo-verdiano da “terra de lonxe”.

A entrada é de balde até completar aforo.

Exit mobile version